 |
| inicio / colexio / colexiación |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
Introducción
A colexiación, conforme a normativa legal vixente (Lei de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia e Estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia), é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da enxeñería técnica forestal en calquera das súas especialidades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ser colexiado será necesario estar en posesión do título oficial de enxeñeiro técnico forestal en calquera das especialidades forestais.
A colexiación, ademais de permitir cumprir os requisitos legais para o desenvolvemento da actividade profesional, vai ofrecer unha serie de prestacións ou servicios, como por exemplo:
- Bolsa de traballo: con información sobre as ofertas de emprego que cheguen ao colexio a todos os interesados que estean dados de alta na base de datos.
- Formación mediante cursos, seminarios, xornadas... relacionadas coa profesión, organizadas ou fomentadas polo colexio.
- Visado de traballos profesionais.
- Asesoría xurídica para a defensa nas cuestións que se susciten en relación cos dereitos e intereses lexítimos de carácter profesional.
- Asesoría técnica para todos os asociados.
- Información periódica de todas aquelas cuestións de interese profesional.
Solicitude Colexiación
Para tramita-la colexiación no C.O.E.T.F.G. será preciso presenta-la seguinte documentación:
1. Impreso de Solicitude de Colexiación. 
2. Impreso de Ficha de Datos. 
3. Xustificante de estar en posesión do Título de Enxeñeiro Técnico Forestal.
(Fotocopia compulsada do título, resgardo da solicitude, etc.)
4. Unha Fotografía tamaño carné, preferiblemente en formato dixital “jpg” e resolución 300 ppp. (Nota: tamén podes facer a foto, sen coste algún, na sede do colexio)..
5. DNI (fotocopia).
6. Autorización para cobro da cota colexial a través do banco. 
7. Certificado Académico, con validez legal, no que figuren as materias cursadas durante toda a carreira
(No caso de entregar fotocopia debe de estar compulsada)
8. Declaración Xurada de non estar sometido a inhabilitación profesional ou colexial. 
9. Xustificante bancario do ingreso na conta do Colexio da Cota de Alta de Colexiación
10. No caso de proceder de outro Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos Forestais, deberá presentar un Certificado de Colexiación emitido polo Colexio do que se trate (Requírese o documento orixinal).
Para tramita-la Reincorporación no C.O.E.T.F.G. será imprescindible presenta-la correspondente documentación por escrito e coa sinatura orixinal do solicitante. 
Para tramita-la BAIXA no C.O.E.T.F.G. será imprescindible presenta-la correspondente solicitude de baixa por escrito e coa sinatura orixinal do solicitante, cunha antelación mínima de 10 días ó cobro da seguinte cota colexial. 
Cotas Colexiais
Cota de alta de colexiación
A cota de alta farase efectiva no momento en que se solicite a colexiación, na seguinte conta:
CCC: BANCO DE GALICIA 0075-8560-10-0600002078
Esta cota será de:
- Ata os 12 meses de diplomarse: 39 euros
- Diplomados de máis dun ano: 100 euros
- Reincorporacións: 70 euros
- Xubilados: Exentos de pago
- Procedentes doutro Colexio Oficial de ETF*: Exentos de pago
* Deberán presentar certificación conforme están colexiados noutro colexio.
Prezos aprobados na Asemblea Xeral do 31/01/2009.
Cota colexial anual
A cota colexial é de 120 euros/ano. Esta cota cobrarase por domiciliación bancaria en cotas cuadrimestrais de 40 euros cada unha, estructurándose do seguinte xeito:
Día 1 de xaneiro: primeira cota, correspondente ao primeiro cuadrimestre do ano(40 €).
Día 1 de maio: segunda cota, correspondente ao segundo cuadrimestre do ano(40 €).
Día 1 de setembro: terceira cota, correspondente ao terceiro cuadrimestre do ano(40 €).
Aplicaranse ademais as seguintes bonificacións:
- Xubilados: exentos de pago.
- Cónxuxes: teñen un desconto do 25% cada un. Para aplicar esta bonificación será necesario presentar un certificado matrimonial ou de parella de feito. 
- Parados: teñen unha bonificación do 65% na cota colexial. Para que se poida aplicar esta reducción débese certificar (mediante a vida laboral e certificación do INEM) que se estivo no paro como mínimo a metade do período, e presentar a solicitude coa sinatura en orixinal nos prazos que estableza o colexio en cada momento. 
COTAS REDUCIDAS PARA DESEMPREGADOS- PRAZOS DE SOLICITUDE
- 15 de Abril de 2010: as solicitudes recibidas ata esta data deberán xustificar un mínimo de 2 meses en paro ó longo primeiro cuatrimestre do ano. O desconto se aplicará sobre a 2ª cota do ano 2010.
- 15 de Agosto de 2010: as solicitudes recibidas ata esta data deberán xustificar un mínimo de 2 meses en paro ó longo do segundo cuatrimestre do ano. O desconto se aplicará sobre a 3ª cota do ano 2010.
- 15 de Decembro de 2010: as solicitudes recibidas ata esta data deberán xustificar un mínimo de 2 meses en paro ó longo do último cuatrimestre do ano. O desconto se aplicará sobre a 1ª cota do ano 2011. |
|
|