Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos 
Forestais de Galicia 
mapa web | contactar
inicio / colexio / creación
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia agrupa a tódolos titulados, axudantes de montes, peritos de montes e enxeñeiros técnicos das especialidades forestais que desenrolan a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia se constitúe no ano 1997 por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais (Decreto 250/1997 do 25 de agosto), co fin de acadar unha organización máis operativa e próxima ós profesionais desta comunidade.

O colexio é unha Corporación de Dereito Público, amparada pola Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (Lei 11/2001 do 18 de setembro) con estructura democraticamente constituída, carácter representativo e personalidade xurídica propia.

Forma parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Ténicos Forestales de España có obxeto da coordinación e representación conxunta de tódolos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Forestais existentes en España.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia ten como obxectivo principal velar pola actuación dos profesionais que o integran en beneficio da sociedade, protexendoa do intrusismo profesional e garantindo a ética profesional dos colexiados, ós que en consecuencia, protexe e axuda tanto na súa adecuación profesional como no asesoramento e perfeccionamento da súa seguridade profesional, social e laboral.

 



novidades na web

 

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia
Telf.: 981 520 077 / 981 524 731   Fax: 981 520 077
e-mail: coetfoga@forestaisgalicia.es