Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos 
Forestais de Galicia 
mapa web | contactar
inicio / colexio / funcións
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia desenvolve entre outras, as seguintes funcións:

1. A representación e defensa da profesión diante da Administración, institucións, tribunais, entidades particulares, con lexitimación para ser parte en tódolos litixios que afecten ós intereses profesionais e exerce-lo dereito de petición, de acordo coa lei.

2. O fomento da plena ocupación dos colexiados, impedindo a competencia desleal entre os mesmos e adoptando as medidas oportunas para evitar o intrusismo profesional.

3. A organización de actividades e servicios de interese para os colexiados de carácter profesional, formativo, cultural, informativo, asistencial, de previsión ou outros análogos.

4. O visado dos documentos relacionados cos traballos profesionais dos colexiados.

5. A presencia nos padroados e consellos sociais das universidades, así como participar na elaboración dos plans de estudios das Escolas Universitarias de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, e de calquera ensinanza universitaria ou de formación profesional que teñan relación coa actividade forestal.

6. A axuda xurídica ós colexiados cando o soliciten, en cuestións relacionadas có exercicio profesional.

 



novidades na web

 

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia
Telf.: 981 520 077 / 981 524 731   Fax: 981 520 077
e-mail: coetfoga@forestaisgalicia.es