 |
| inicio / colexio / organización |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais vai estar dirixido e administrado polos seguintes órganos:
Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral do colexio é o órgano de expresión da vontade de tódolos seus colexiados, polo tanto todos eles están obrigados ó cumprimento dos acordos que aquela adopte. A convocatoria da Asemblea Xeral farase anualmente
Xunta de Goberno
A misión da Xunta de Goberno do colexio a dirección, organización e representación do colexio e polo tanto de tódolos seus membros.
A Xunta de Goberno está constituída polos seguintes membros: decano, que ten a máxima representación do colexio, secretario, tesoureiro e dous vocais, todos elexidos pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
A actual Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia tomou posesión o día 18 de Decembro do 2.010 e a súa composición é a seguinte:
DECANO
D. Santiago García Sánchez, Colex. Nº 1
SECRETARIA
D. Belén Reboreda Rivera, Colex. Nº 386
TESOUREIRO
D. José Manuel Mesego Fernández, Colex. Nº 31
VOGAL
D. Mauro Coucheiro Rodal, Colex. Nº 538
VOGAL
Dna. Mónica Ramos Gende, Colex. Nº 172.
As Asembleas Provinciais
En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia constituirase unha Asemblea Provincial, composta por todos aqueles colexiados de cada unha das provincias. Esta asemblea terá carácter consultivo, deliberatorio e informativo.
Os Delegados Provinciais
Os delegados provinciais presiden as asembleas provinciais e son os responsables do sentir dos colexiados de cada unha das provincias diante da Xunta de Goberno do colexio e de toda clase de organismos, entidades e corporacións no seu ámbito territorial.
A asignación dos delegados está pendiente de ser aprobada. |
|
|