 |
| inicio / colexio / presencia |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais está presente en distintas asociacións e institucións:
Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal
A finalidade desta Asociación é o fomento e o desenvolvemento da xestión forestal sostible, a promoción do coñecemento e a aplicación das resolucións das conferencias ministeriais paneuropeas sobre a protección dos bosques, a promoción e difusión do sistema español de certificación forestal paneuropeo na Comunidade Autónoma de Galicia e o desenvolvemento e a estructuración da modalidade rexional do sistema de certificación PEFC en Galicia.
O seu enderezo é:
Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal
Edificio FEUGA (Campus Sur Universitario)
r/ López Gómez de Marzoa s/n
15705 Santiago de Compostela
Unión Profesional de Galicia
A Asociación Unión Profesional de Galicia reúne á Colexios Profesionais de Titulados Universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de coordinar ás actuacións en temas de interés común, defender os valores característicos e promover o perfeccionamento das profesións tituladas universitarias representadas na Asociación.
O seu enderezo é:
Unión Profesional de Galicia
r/ San Pedro de Mezonzo, 39-41 Baixo
15701 Santiago de Compostela
Tfno: 981 595 562 Fax: 981 595 958
O Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Técnicos Forestales
O Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Técnicos Forestales está integrado por tódolos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Forestais existentes en España, co obxecto da súa representación e coordinación.
Actualmente o Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Técnicos Forestales está composto polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Forestales (Madrid), el Col.legi d'Enginyers Tècnics Forestals de Catalunya e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.
Para máis información podedes contactar co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia que actualmente representa a Secretaría do Consejo General.
O Consejo Nacional de Bosques
O Consejo Nacional de Bosques é un órgano adscrito ó Ministerio de Medio Ambiente, a través da Secretaría Xeral de Medio Ambiente, que ten como función actuar como órgano de información e asesoramento, co obxectivo de facilitar unha adecuada xestión sostible dos montes españois e fomentar o desenrolo económico e social do sector forestal.
O Consejo Nacional de Bosques está presidido polo Ministro de Medio Ambiente e compóñeno representantes da Administración autonómica e local, de propietarios forestais, de organizacións empresariais, das Escolas Universitarias Forestais e de Montes, de organizacións non gubernamentais, etc., así como tamén representantes dos Colexios Oficiais das profesións relacionadas co sector forestal, entre os que se atopa o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.
Grupo Galego de Apoio a Certificación Forestal F.S.C
O Grupo de Apoio Galego é un conxunto de entidades e persoas vinculadas á xestión dos montes galegos nas súas diversas funcións, aproveitamentos, adquisición, uso e disfrute dos productos, elexidas democráticamente para transmitir ao Grupo de Traballo do F.S.C. as particularidades sociais, económicas e ambientais do sector do monte galego para o desenvolvemento da certificación F.S.C.
O Grupo de Apoio Galego é, a súa vez, unha comisión da Asociación para Promover o Uso Racional dos Productos e Servicios do Monte, cuio obxectivo xeral é promocionar e alentar a sustentabilidade no uso dos recursos e beneficios do monte, así como a conservación da biodiversidade.
Polo de agora non dispón dun enderezo oficial. |
|
|