 |
| inicio / emprego / información xeral |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
O Servicio de Emprego é un dos servicios que ofrece o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia ós seus membros, e ten a función de difundir as ofertas de traballo que poidan ser cubertas por Enxeñeiros Técnicos Forestais.
Tódalas ofertas de emprego, tanto público como privado, das que teña coñecemento o Colexio publicaranse na sección de ofertas de emprego
Ademais, o Colexio dispón dunha Base de Búsqueda de Emprego que ten a finalidade de facilitar o contacto entre as empresas que soliciten profesionais en actividades concretas e os colexiados que reúnan as características solicitadas.
Para formar parte da Base de Búsqueda de Emprego é imprescindible remitir ó Colexio o impreso de solicitude de inscrición xunto co Currículum Vitae. 
Esta base renovarase anualmente.
CONFECCIÓN DA BASE BÚSQUEDA EMPREGO- 2010
Có inicio do novo ano lembrámosvos que ó longo do mes de Xaneiro de 2010 procederase a efectuá-la renovación da Base de Búsqueda de Emprego, polo que si estás interesado en formar parte da “Base de Búsqueda de Emprego 2.010” e seguir recibindo as ofertas de emprego por correo electrónico deberás remitir ó colexio o correspondente impreso de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, antes do 31/01/10.
NOTA: A Base do ano 2009 quedará en desuso o día 01/02/10, así como tódolos currículums vitae presentados neste ano.
Estableceranse posteriores prazos de inclusión na Base de Búsqueda de Emprego 2010:
2º Prazo - Ata o 1 de Maio de 2010:
Tódalas solicitudes recibidas ata ese día se incluirán na Base o día 2 de Maio de 2010 e terán validez ata Xaneiro de 2011.
3º Prazo - Ata o 1 de Setembro de 2010:
Tódalas solicitudes recibidas ata ese día se incluirán na Base o día 3 de Setembro de 2010 e terán validez ata Xaneiro de 2011. |
|
|