Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos 
Forestais de Galicia 
mapa web | contactar
inicio / profesión / historia
A titulación que na actualidade coñecemos como Enxeñería Técnica Forestal experimentou distintos cambios ó longo da historia: En 1862 créase dentro do Ministerio de Fomento e dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas, Agricultura, Industria e Comercio a figura de Axudante de Montes. O único requisito para ser nombrado Axudante de Montes era estar en posesión do Título de Perito Agrícola ou Agrimensor, non cambiando os estudios necesarios (sin apenas formación específica) ata 1903.

Neste ano decídese a creación do Corpo Auxiliar de Facultativos de Montes, e o procedemento de selección para ingresar no mesmo. É dous anos máis tarde, no 1905, cando se dicta o Regulamento do corpo e se realiza a primeira oposición, esixindo ós opositores ter cursadas unha serie de materias máis acordes coa profesión como Topografía, Historia Natural, Selvicultura, Ordenación e Valoración de Montes. Pódese dicir que a partir desta data xurde a profesión con categoría técnica, embrión da actual Enxeñería Técnica Forestal.

No ano 1957, coa aprobación da Lei de Ordenación de Ensinanzas Técnicas, créase o Título Universitario de Perito de Montes e a Escola de Peritos de Montes. Esta escola vai funcionar, por primeira vez en España, nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes de Madrid, ata que en 1960 se inagura a Escola Técnica de Peritos de Montes na Cidade Universitaria de Madrid.

Finalmente, tra-la Lei de Reordenación das Ensinanzas Técnicas de Grao Medio en 1964, aparece a denominación actual de Enxeñeiro Técnico Forestal, pasando tamén a Escola Técnica de Peritos de Montes a chamarse Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.

Na actualidade existen en España 12 Universidades que imparten esta titulación, das cales 1 imparte unicamente a especialidade de Industrias Forestais, 8 a de Explotacións Forestais e 3 que dispoñen de ambas especialidades especialidades.

 



novidades na web

 

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia
Telf.: 981 520 077 / 981 524 731   Fax: 981 520 077
e-mail: coetfoga@forestaisgalicia.es