 |
| inicio / profesión / profesión |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
Marco Legal
Lei 12/1986, do 1 de abril, sobre regulación das atribucións profesionais dos arquitectos e enxeñeiros técnicos". (BOE nº 79, 2.4.86) 
Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación". (BOE nº 226, 6.11.99) 
Tipos e Ámbitos de Traballo
O enxeñeiro técnico forestal pode desenvolver a súa función por conta propia, como profesional autónomo, ou por conta allea, xa ben sexa no sector público da Administración ou ben no sector privado no caso das empresas.
Os tipos de traballos para os que os enxeñeiros técnicos forestais están cualificados son, en liñas xerais:
| 1. Realización de: | 2. Redacción de: | 3. Traballos de: |
- Recoñecementos
- Inspeccións
- Consultas
- Medicións
- Inventarios
- Cubicacións
- Valoracións
- Taxacións
- Outros | - Proxectos
- Anteproxectos
- Estudios básicos
- Memorias
- Informes
- Dictames
- Certificacións
- Outros | - Dirección de obra
- Execución de obra
- Xestión de explotacións
- Dirección de empresas
- Outros |
En calquera caso, o traballo do enxeñeiro técnico forestal desenvólvese nos seguintes ámbitos:
1. Aproveitamentos do Medio Ambiente
- Repoboacións forestais
- Creación e mellora de pasteiros
- Plans de aproveitamento de: leñas, madeira, cortiza, resina, cogomelos, froitos, plantas medicinais, aromáticas ou industriais...
- Explotacións mineiras a ceo aberto: minas, canteiras, graveiras
- Explotacións cinexéticas e piscícolas
- Outros
2. Ordenación do Medio Ambiente
- Ordenación de montes arborados
- Xestión de espacios naturais
- Ordenación piscícola e cinexética
- Estudios de impacto ambiental
- Estudios de flora e fauna
- Estudios de ecoloxía fluvial e calidade das augas
- Outros
3. Construccións
- Instalacións rurais
- Instalacións de industrias ou explotacións forestais: viveiros forestais e ornamentais, granxas cinexéticas e gandeiras, piscifactorías, serradoiros...
- Construcción de diques, presas e balsas
- Escalas para peixes
- Infraestructuras de defensa
- Muros de contención e cerramentos
- Movementos de terra
- Camiños e vías forestais
- Outros
4. Defensa do Medio
- Estudios e tratamentos fitosanitarios
- Tratamentos silvícolas
- Corrección de impactos ambientais
- Restauración de explotacións mineiras
- Defensa contra incendios forestais
- Enerxías renovables
- Xestión de residuos
- Outros
5. Industrias Forestais
- Industrias de primeira transformación: serradoiros, chapa, taboleiro, pasta celulósica, trituración, estelas...
- Industrias de segunda transformación: mobles, carpintería, embalaxes, papel, cartón...
- Transformación da cortiza
- Transformación da resina
- Plantas aromáticas, cogomelos e froitos forestais
- Industria xiloenerxética: residuos de madeira, leñas, estelas...
- Parques de maquinaria forestal
- Desenvolvemento industrial
- Outros
6. Topografía e Xestión Catastral
- Levantamentos topográficos
- Expropiacións
- Deslindes
- Segregación e particións
- Permutas
- Outros
7. Xestión Hidráulica
- Restauración hidrolóxico-forestal
- Corrección de leitos, torrentes e ribeiras
- Afloramentos e prospeccións de auga
- Captacións e abastecementos de auga
- Conduccións de auga
- Saneamentos e drenaxes
- Outros
8. Novas Tecnoloxías
- Aplicacións dos sistemas de información xeográfica á cartografía temática
- Aplicacións da teledetección e da fotogrametría
- Simulación de variables naturais aplicadas a avaliación de riscos
- Outros
9. Uso Social e Recreativo
- Parques urbanos e periurbanos
- Áreas de uso recreativo
- Educación ambiental
- Aulas da natureza
- Turismo rural
- Outros |
|
|