|
|
|
Segundo o disposto no Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia é competente para VISAR traballos profesionais, que surtan efectos en todo o Estado Español e cuia materia principal do traballo entre dentro das atribucións propias da profesión; e que se atopen nos seguintes supostos:
-
Aqueles traballos profesionais recollidos no artigo 2º do RD 1000/2010. -
Aqueles traballos profesionais, cando así o solicite voluntariamente o cliente, incluída a Administración Pública.
O Visado implica os seguintes servizos:
> Acreditación de autoría:
-
Acredita a identidade. -
Que o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo. -
Que está colexiado e cumpre coa normativa colexial. -
Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión. -
Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
> Acreditación sobre o traballo:
-
Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional. -
Que cumpre a normativa colexial. -
Que cumpre coa normativa legal sobre comprosición documental e grao de especificación en correspondencia co obsecto do encargo profesional recibido. -
Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuia vixiancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio. -
Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente. -
Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo. -
Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Rexistro Documental, existindo copia nos arquivos do Colexio.
> Outros trámites:
-
O Colexio responderá subsidiariamente dos danos que teñan a súa orixe en defectos que deberan ser postos de manifesto polo colexio ao visar o traballo profesional, e que garden relación directa cos elementos que se visaron nese traballo concreto. -
Arquivo documental. -
Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais. -
Reclamación de honorarios. -
Certificación Oficial dos traballos profesionais deserolados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario).
Para tramitar o visado de traballos profesionais existen dúas alternativas:
- Visado en papel, que consiste en remitir ao Colexio os exemplares do documento que se desexa visar, acompañado da correspondencia solicitude de visado.
- Visado electrónico, que consiste na tramitación do visado en formato dixital, para o que se pode acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou das contrasinais previamente facilitadas polo COETFG.
REQUIRIMENTOS PARA TRAMITAR UN VISADO
2º/ De xeito anual e previa á solicitude de visado, o profesional deberá ter presentada a Declaración Xurada para Trámites de Visado. Dito documento poderá presentarse:
- En formato papel: Ver Anexo I da Normativa de Visado.
- En formato dixital: Cumprimentando o Formulario de envío que se atopa no enlace a continuación e anexando a seguinte Declaración Xurada para Trámites de Visado , asinada coa Firma Dixital.
|
|
RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN VISADO
1º/ Dende o COETFG recoméndase que o profesional teña subscrito un Seguro de Responsabilidade Civil que de cobertura ás responsabilidades derivadas do exercicio da profesión.
Para elo dende este colexio habilítanse dúas posibles opcións, ambas de carácter voluntario:
- Subscrición dun SRC anual, que da cobertura a tódalas actividades desenroladas no eido da profesión no ano en curso.
Aseguradora: DUAL IBÉRICA, Correduría Seguros:ARTAI Correduría Seguros, S.A.
Máis info en: e-colexio
sección outros servizos/beneficios sociais/DUAL IBÉRICA.
- Subscrición dun SRC puntual, sobre cada traballo Visado o Rexistrado no COETFG, que da cobertura ás responsabilidades derivadas do traballo en cuestión. A solicitude tramítase conxuntamente coa solicitude de visado.
Aseguradora: Lloid, Correduría Seguros: COAGA Consultores, S.L.
2º/ Por seguridade do Profesional e posible defensa xurídica do profesional, o COETFG considera importantísimo anexar a Folla de Encargo ou Contrato de Servicios ao documento a visar, no que se especifique si a solicitude de visado se tramita a petición do cliente.
SOLICITAR VISADO:
| |
|
|
|
|
|
|
|
BENEFICIOS SOCIAIS PARA COLEXIADOS |
| |