ORGANIZACIÓN
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia está dirixido e administrado polos seguintes órganos:
A Asemblea Xeral do colexio é o órgano de expresión da vontade de tódolos seus colexiados e colexiadas, polo tanto todas e todos eles están obrigados ó cumprimento dos acordos que aquela adopte. A convocatoria da Asemblea Xeral farase anualmente.
A misión da Xunta de Goberno do colexio é a dirección, organización e representación do colexio e polo tanto de tódolos seus membros.
A Xunta de Goberno está constituída polos seguintes membros: decana ou decano, que ten a máxima representación do colexio, secretaria ou secretario, tesoureira ou tesoureiro e dous vogais, todos elixidos pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
Tras a celebración do Proceso Electoral convocado con data do 13/05/2024, e tras a correspondente reorganización de cargos con data do 22/07/2024 por mor da dimisión de D. Antonio Mota Mogrobejo no cargo de Decano, a Xunta de Goberno actual do COETFG está composta polos seguintes membros:
D. Xaime Óscar Iglesias Pérez, Colexiado Nº 687.
Dna. Beatriz Regueira Domínguez, Colexiada Nº 1303.
Dna. Yolanda Arroyo Martínez, Colexiada Nº 1055.
D. Pedro Rial Pichel, Colexiado Nº 1198.
En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia constituirase unha Asemblea Provincial, composta por todos aqueles colexiados e colexiadas de cada unha das provincias. Esta asemblea terá carácter consultivo, deliberatorio e informativo.
Delegados ou Delegadas Provinciais
Os delegados ou delegadas provinciais presiden as asembleas provinciais e son os responsables do sentir dos colexiados e colexiadas de cada unha das provincias diante da Xunta de Goberno do colexio e de toda clase de organismos, entidades e corporacións no seu ámbito territorial.
A asignación dos delegados está pendente de ser aprobada.
Acompañan á Xunta de Goberno indicada as seguintes delegadas provinciais: -Dna. Carolina García
López, Delegada provincial de A Coruña.
-Dna. Mónica López González, Delegada provincial de Lugo.
-Dna. Beatriz Carrera Giráldez, Delegada provincial de Pontevedra.
|