CREACIÓN
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia agrupa ás tituladas e titulados universitarios en calquera das especialidades recoñecidas legalmente: axudantes e peritos de montes, Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnicos Forestais, titulados e tituladas de GRAO forestal, ou calquera outra nomenclatura que puidera existir no futuro, que habiliten para o exercizo da PROFESIÓN da ENXEÑARÍA TÉCNICA FORESTAL.
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia se constitúe no ano 1997 por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais (Decreto 250/1997 do 25 de agosto), co fin de acadar unha organización máis operativa e próxima ás e aos profesionais desta comunidade.
O colexio é unha Corporación de Dereito Público, amparada pola Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (Lei 11/2001 do 18 de setembro) con estrutura democraticamente constituída, carácter representativo e personalidade xurídica propia.
Forma parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Forestais de España có obxecto da coordinación e representación conxunta de tódolos Colexios de Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnicos Forestais existentes en España.
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia ten como obxectivo principal velar pola actuación dos profesionais que o integran en beneficio da sociedade, protexéndoa do intrusismo profesional e garantindo a ética profesional dos colexiados, ós que en consecuencia, protexe e axuda tanto na súa adecuación profesional como no asesoramento e perfeccionamento da súa seguridade profesional, social e laboral.
|