FUNCIÓNS
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia desenvolve entre outras, as seguintes funcións:
1. A representación e defensa da profesión diante da Administración, institucións, tribunais, entidades particulares, con lexitimación para ser parte en tódolos litixios que afecten ós intereses profesionais e exercer o dereito de petición, de acordo coa lei.
2. O fomento da plena ocupación das e dos colexiados, impedindo a competencia desleal entre os mesmos e adoptando as medidas oportunas para evitar o intrusismo profesional.
3. A organización de actividades e servizos de interese para os colexiados de carácter profesional, formativo, cultural, informativo, asistencial, de previsión ou outros análogos.
4. O visado dos documentos relacionados cos traballos profesionais das e dos colexiados.
5. A presenza nos padroados e consellos sociais das universidades, así como participar na elaboración dos plans de estudios das Escolas Universitarias con títulos habilitantes para o exercizo profesional da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia, e de calquera ensinanza universitaria ou de formación profesional que teñan relación coa actividade forestal.
6. A axuda xurídica ós colexiados cando o soliciten, en cuestións relacionadas có exercicio profesional.
|