ORGANIZACIÓN
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia está dirixido e administrado polos seguintes órganos:
A Asemblea Xeral do colexio é o órgano de expresión da vontade de tódolos seus colexiados e colexiadas, polo tanto todas e todos eles están obrigados ó cumprimento dos acordos que aquela adopte. A convocatoria da Asemblea Xeral farase anualmente.
A misión da Xunta de Goberno do colexio é a dirección, organización e representación do colexio e polo tanto de tódolos seus membros.
A Xunta de Goberno está constituída polos seguintes membros: decana ou decano, que ten a máxima representación do colexio, secretaria ou secretario, tesoureira ou tesoureiro e dous vogais, todos elixidos pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
Tras o correspondente Proceso Elctoral, convocado o 23/05/2022, con data do 18/06/2022, toma posesión a Xunta de Goberno composta polos seguintes membros:
D. Santiago García Sánchez, Colexiado Nº 1.
Dna. Mercedes Rois Díaz, Colexiada Nº 156.
Dna. Mª Ángeles Corral Vilela, Colexiada Nº 611.
Dna. Beatriz Carrera Giráldez, Colexiada Nº 790.
D. Francisco Javier Turrillo Montiel, Colexiado Nº 82.
En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia constituirase unha Asemblea Provincial, composta por todos aqueles colexiados e colexiadas de cada unha das provincias. Esta asemblea terá carácter consultivo, deliberatorio e informativo.
Delegados ou Delegadas Provinciais
Os delegados ou delegadas provinciais presiden as asembleas provinciais e son os responsables do sentir dos colexiados e colexiadas de cada unha das provincias diante da Xunta de Goberno do colexio e de toda clase de organismos, entidades e corporacións no seu ámbito territorial.
A asignación dos delegados está pendente de ser aprobada.
|