O COETFG é competente para tramitar o REXISTRO DOCUMENTAL de calquera documento técnico, que non esté sometido á Visado obrigatorio segundo o disposto no R.D.1000/2010, e que surta efectos en todo o Estado Español e cuia materia principal do traballo se atope dentro das competencias propias da profesión. O Rexistro Documental implica:
> Acreditación de autoría:Acredita a identidade. Que o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo. Que está colexiado e cumpre coa normativa colexial. Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión. Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
> Acreditación sobre o traballo:Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional. Que cumpre a normativa colexial. Que cumpre coa normativa legal sobre comprosición documental e grao de especificación en correspondencia co obsecto do encargo profesional recibido. Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuia vixiancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio. Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente. Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo. Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Rexistro Documental, existindo copia nos arquivos do Colexio.
> Outros trámites:
Arquivo documental. Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais. Reclamación de honorarios. Certificación Oficial dos traballos profesionais deserolados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario).
Para tamitar o rexistro documental de traballos profesionais existen dúas alternativas: - Rexistro Documental en dixital, que consiste na tramitación on-line, para o que se debe acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou das contrasinais previamente facilitadas polo COETFG. - Rexistro Documental en papel, que consiste en remitir ao Colexio os exemplares do documento que se desexa rexistrar, acompañado da correspondencia solicitude de rexistro.
- Impreso de solicitude de Rexistro Documental.  - Impreso de Rexistro Documental de Copias.  - Impreso de Rexistro Documental de Modificado. 
REQUIRIMENTOS E RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN REXISTRO DOCUMENTAL Serán de aplicación o expresado para o caso de Visado. SOLICITAR REXISTRO DOCUMENTAL:
|