| AVISO PECHE DE OFICINAS 21/06/2022 As oficinas do COETFG permanecerán pechadas o día: -Martes 28/06/2022: Asistencia "Taller divulgativo do Proxecto FORVALUE" (Santiago). -Xoves 30/06/2022 e Venres 01/07/2022: Estaremos en Galiforest 2022!! Visítanos no stand do COETFG!! . Atenderémosvos por correo electrónico e a través da Plataforma e-colexio!! |
| TOMA DE POSESIÓN DA NOVA XUNTA DE GOBERNO DO COETFG/AEFEMA 18/06/2022 Finalizado o correspondente proceso electoral do COETFG e AEFEMA, esta mañá toma posesión a nova XUNTA DE GOBERNO. Sen dúbida un equipo de luxo, presidido por Santiago García Sánchez (Decano), Mercedes Rois Díaz (Secretaria), Anxos Corral Vilela (Tesoureira), Beatriz Carrera Giraldez (Vogal) e Francisco Javier Turrillo Montiel (Vogal). Parabéns a tod@s eles co desexo de que sexa unha magnífica etapa para o noso colexio!
|
| NOVO SORTEO DE BECAS PARA COLEXIAD@S DO COETFG EN DISTINTOS PROGRAMAS DE MÁSTERES E MBAS DE GALICIA BUSINESS SCHOOL 04/06/2022 GALICIA BUSINESS SCHOOL pon en marcha un sorteo de becas para colexiados nos seus programas de Máster dirixidos a profesionais. O sorteo realízase a través do formulario de inscrición axunto, do 01/06/2022 ao 17/07/2022. Para resolver calquera dúbida podes contactar con: info@galiciabusinessschool.es o en 886/317146. |
| PUBLICADA NO BOE DO 25/05/2022 A OFERTA DE EMREGO PÚBLICO PARA O 2022. O MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA” VEN DE PUBLICAR A OPE 2022 NA QUE SE INCLÚEN ENTRE OUTRAS 15 PRAZAS DE ENXEÑEIR@S TÉCNIOS FORESTAIS, 25 PRAZAS DE TÉCNICO DE XESTIÓN CATASTRAL E 14 PRAZAS DE ENXEÑEIR@S DE MONTES. 25/05/2022 |
| INFORMACIÓN RELATIVA Á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 01/2022 DO COETFG -21/05/2022 21/05/2022 Tras a renuncia voluntaria da Xunta de Goberno do COETFG e o cese dos distintos cargos, a Asemblea Xeral Extraordinaria do COETFG reunida con data do 21/05/2022 acordou nomear a Xunta Xestora que procederá a convocatoria do correspondente proceso electoral. Dita Xunta Xestora está composta polos seguintes membros: -Santiago García Sánchez, Colexiado nº 1 – DECANO -Mercedes Rois Díaz, Colexiada nº 156 - SECRETARIA -Anxos Corral Vilela, Colexiada nº 611 - TESOUREIRA |